Salvaterra de Miño

A SCD Condado celebra a Festa dos Maios

A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado consolida este ano a celebración dunha festa que viu recuperar no ano 2012: os Maios. Esta festa com a que se da a benvida á primavera, celebrase durante toda a xornada do sábado 9 de maio en Salvaterra de Miño, e inclúe diferentes actividades para todas as idades.

Cea-concerto con Pédêpötè

A Sociedade Cultural e Desportiva (SCD) do Condado organiza, este sábado, unha cea-concerto co grupo Pédèpöte co obectivo de recadar fondos para a organización do vindeiro Festival da Poesía. A Cea-Concerto terá lugar na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño a partir das 21:30 horas do sábado 11 de abril.

Acordo para licitar a primeira fase da Plisan

A Xunta, a Autoridade Portuaria de Vigo e Consorcio da Zona Franca de Vigo selaron onte o texto que permitirá licitar as obras da primeira fase da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN). A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo unha reunión co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Ignacio López-Chaves, e a delegada especial do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, no marco da comisión de seguimento do acordo para o impulso da PLISAN.

Suscribirse a este canal RSS