Entrega de premios dos concursos de debuxo e relato curto en favos dos refuxiados

O vindeiro sábado 4 de xuño, ás 20 h, a Casa de Cultura de Salvaterra de Miño acollerá o acto de entrega de premios do concurso solidario de Debuxo e Relato Corto organizado polo PSdeG-PSOE de Salvaterra coa colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Salvaterra (ACES) e UNES. 

Despois de que as nenas e mailos nenos entregasen os seus traballos e que o xurado decidira, o sábado se entregarán os premios, compostos por lotes de libros para os 3 debuxos escollidos polo xurado na categoría de debuxo, e un libro electrónico para a categoría de Relato Curto, tanto para os de educación primaria como secundaria. Amais tamén haberá uns lotes de libros para o 2º e 3º mellor relato baixo os criterios do xurado, formado por profesores e os membros das asociacións de comerciantes de Salvaterra de Miño.

Os relatos e mailo debuxo gañador serán utilizados para a venda de marcapáxinas e así recaudar fondos a favor de UNICEF para que sirvan de axuda para paliar a situación na que se atopan milleiros de refuxiados, que serán postos a venda en distintos puntos da vila.

Na gala de de entrega de premios, contarase con actuación musical e unha conferencia do persoal de UNICEF que contará a situación dos refuxiados e a labor que a ONG esta levando a cabo in situ.

Dende o PSdeG- PSOE de Salvaterra de Miño animan a todos os veciños e veciñas a acudir a esta cita, para coñecer de primeira man o que en realidade esta a ocorrer coas persoas refuxiadas.