Excelente traballo do CPA Condado de Salvaterra no Campionato Provincial de Patinaxe Artística

Club Patinaxe Artistica Condado Club Patinaxe Artistica Condado

O Club Patinaxe Artística Condado, de Salvaterra de Miño, vén de asinar un extraordinario papel no Campionato Provincial de Patinaxe Artística que se disputou o sábado, 8 de xuño, en Salvaterra de Miño organizado polo propio CPA Condado.

Na categoría benxamín, a patinadora local Maria Miranda Garcia, con Edu Caride de adestrador, facíase co ouro e, polo tanto, co título de campiona provincial 2019. A prata ía para Noa Durán do Valladares e o bronce para Carla Gilsanz do Coruxo.

Na categoría Alevín, Lola Álvarez do CPA Gondomar, adestrada por David Figueroa, proclamábase campioa provincial. Noa Movilla Valado, do club anfitrión, o CPA Condado, acadaba a Prata e o bronce ía para Paula Fernández, do Covelo.

Sofía Costa e Noa Álvarez, ámbalas dúas do CPA Gondomar, facíanse co ouro e prata, respectivamente, na categoría infantil, mentres que o bronce era para a patinadora do Carpa Viqueira, Andrea Núñez.

As clasificadas para a seguinte competición son as tres primeiras benxamíns, as tres primeiras alevíns e as sete primeiras da categoría infantil. Todas as patinadoras do CPA Condado e CPA Gondomar, acadaron a súa pertinente clasificación para o Campionato Galego que se disputará o vindeiro 27 de xullo en Gondomar.