Salvaterra de Miño terá alcaldesa

O único cambio que estas eleccións traerán a Salvaterra de Miño, é o da persoa que ocupe a alcaldía. Arturo Grandal, alcalde de Salvaterra de Miño dende 1979 –que se di pronto– deixa a testemuña a que, ata agora, era a súa tenente de alcalde, Marta Valcárcel. Salvo ese cambio, PP con 7 concelleiros e maioría absoluta, PSOE con 4 e BNG con dous, repiten idénticos resultados que nos comicios do 2015.