Salvaterra prepárase para a XXXI Marcha Ciclista Popular da ANPA A Lagoa

Como é costume nos últimos 31 anos en Salvaterra de Miño, o domingo 19 de maio, a ANPA A Lagoa, celebrará a 'XXXI Marcha Ciclista Popular', por mor da celebración do día das Letras Galegas. Case 19 quilómetros de percorrido polo municipio para gozar dunha xornada de amigos, familia, deporte e agasallos.

Non só os maiores poden participar neste acontecemento xa que a organización ten prevista unha 'Pequemarcha' para os máis cativos da casa. Os organizadores quixero agradecer o apoio "dos comerciantes de Salvaterra e do Concello de Salvaterra, sen os que sería posible desenvolver esta iniciativa".

"Se queres gozar dunha xornada única facendo deporte, non o dudes: ¡Anímate e participa!", conclúen a organización desta marcha ciclista popular.