Dous novos podios para o CPA Condado no Trofeo Internacional de Vigo

Podio de Grupos Pequenos, 1º CPA Gondomar, 2º CPA Condado, 3º Axel Arteixo Podio de Grupos Pequenos, 1º CPA Gondomar, 2º CPA Condado, 3º Axel Arteixo

O CPA Condado, de Salvaterra de Miño, participaba o pasado 14 de abrio no IV Trofeo Internacional Concello de Vigo que tiña lugar no Pavillón das Travesas. O equipo de Salvaterra non defraudou á súa afección e voltaba para as terras do Condado con dous novos podios acadados nunha final moi disputada. 

En Grupos Show Junior, o CPA Condado, actual subcampión galego por detrás de Campus Stellae, conseguía unha terceira praza por detrás do Ribex de Tui e do Campus Stellae De Santiago.

vigo grupo junior CPACondado

Grupo Junior do CPA Condado

En categoría de Grupos Show Pequenos as invencibles do CPA Gondomar, actuais subcampioas de España 2019, conseguían a primeira praza sen dúbidas para o xurado. A prata foi a parar a mans do CPA Condado, actuais subcampioas galegas 2019 e o bronce ao Axel Arteixo da Coruña. Cabe destacar que o podio foi o mesmo que no Campionato Galego que se celebrou en febreiro en Vigo.

A próxima cita para os patinadores de grupos show será na casa, en Salvaterra de Miño, o 27 de Abril. O CPA Condado organizará a segunda edición do Trofeo Salvaterra Milenaria.

vigo CPACondado grupos show junior e pequeno con EduCaride adestrador

Os grupos Show Junior e Pequeno xunto ao seu adestrador, Edu Caride

 

Nesta ocasión, o trofeo organizado polo C.P.A Condado de Salvaterra contará coa participación dun maior número de clubs e patinadores debido ao gran prestixio que está a coller este trofeo. Así, un total de 450 patinadoras e patinadores pertencentes a 23 clubs daranse cita en Salvatierra o 27 de abril.

Entre equipos participantes estarán o Campión Galego en grupos grandes, o Campión Galego en grupos Cuartetos e as actuais campioas Galegas e subcampións de España en grupos pequenos. Ademais como novidade este ano, o Trofeo organizado polo Condado pasa a ser de ámbito internacional, incluíndo a varios grupos de Portugal e aos actuais Campións de Portugal en Grupos show cuarteto que xunto ao CPA Gondomar participarán nos World Roller Games de Barcelona 2019.