Salvaterra abre o prazo para o campamento de conciliación de Semana Santa

A tenente de alcalde do Concello de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel Gómez, vén de presentar o Campamento de Semana que o Concello desenvolve ao abeiro do programa de Concilación Familiar. A actividade, que de desenvolverá do 15 ao 22 de abril cun custe de 10 €, abriu xa o seu prazo de inscrición que se pechará o vindeiro 8 de abril.

O Campamento, tal e como explica Marta Valcárcel, está enfocado a "axudar de xeito activo" a todas as familias á hora de conciliar a súa vida familiar e laboral nunha datas nas que "nais e pais seguen traballando pero os seus fillos e fillas teñen vacaciones nos colexios". Trátase polo tanto, sinala Valcárcel, de ofrecer aos nenos e nenas "un espazo de convivencia e de densenvolvemento de actividades" e ás familias "a tranquilidade de saber que os seus fillos e fillas están baixo o coidado de persoas altamente cualificadas para desenvolver esa tarefa".

Este campamento terá unha duración de catro días, do 15 ao 22 de abril, nun horario de 09:00 h a 14:00 h, para nenos de 4 a 14 anos e se desenvolverá na Casa de Cultura de Salvaterra de Miño. Os interesados e interesadas deberán inscribirse no Concello antes do vindeiro 8 de abril.

Marta Valcárcel tamén adiantou que este ano o Concello de Salvaterra "ampliará a súa oferta de campamentos de Verán en catro quincenas, dando cobertura aos meses de xullo e agosto" no que a tenente de alcalde cualifica de "accións reais a prol da conciliación".