ponteareas

Ponteareas

Presentación de “(No) Meio (do) Oriente”

O escritor Artur Alonso Novelhe presentou en Ponteareas o seu último libro, titulado “(No) Meio (do) Oriente”, libro de teatro no que a través da personaxe principal –Carlos– pescuda nas eternas preguntas que desde sempre se fai a humanidade, sobre a morte ou sobre o amor…

Represas: “Solla so fai propaganda e maquillaxe electoral”

O portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de Ponteareas, e candidato á alcaldía, Xosé Represas, asegurou hoxe que todos os anuncios que está a facer o Goberno Local de Ponteareas, “non son máis que propaganda e maquillaxe electoral” e convidou ao alcalde a un debate público sobre o PXOM e a situación económica do Concello.

CxG asegura que Belén Villar "fai malabarismos contables"

O goberno municipal do Partido Popular ven de presentar e anunciar en prensa que durante o ano 2014 tivo un aforro de 1,5 millóns de euros, o que ven sendo uns 250 millóns das antigas pesetas. Tendo en conta que Ponteareas leva prorrogando o seu orzamento dende o ano 2010, cando aprobou unas contas de 13 millóns de euros querería dicir que gastou so o 80% dos cartos que ingresou, feito que é mentira e ademais é imposible.

XVI Trofeo Amizade de Natación

O vindeiro sábado 11 de abril, no Complexo Álvaro Pino e a partires das once da mañá, terá lugar a décimo sexta edición do Trofeo Amizade de natación. Unha competición organizada polo Clube de Natación de Ponteareas que xa comeza a consolidarse como unha das citas destacadas dentro do calendario galego.

Ponteareas quedará sen Rexistro Civil

O BNG de Ponteareas vén de acusar ao Alcalde, Salvador González Solla, de non facer absolutamente nada e aplaudir as decisións do goberno de Rajoy que prexudican gravemente a Ponteareas. Os nacionalistas fan referencia ao feito de que o municipio do Tea perderá o Rexistro Civil a partir do 15 de xullo, unha vez que entre en vigor a reforma legal aprobada polo goberno do PP que preside Mariano Rajoy.

Máis de 225.000 euros en humanizacións

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteareas, na súa sesión do día 06 de abril de 2015, vén de aprobar a licitación das obras de humanización das rúas Reveriano Soutullo (Tramo II) e Amado Garra (Tramo I), que serán reformadas completamente. As obras a realizar apostan pola creación dun espazo urbano máis adecuado ás necesidades do cidadán, poñendo especial énfase no maior ancho de beirrarúas, o deseño de pasos de peóns máis seguros, a creación de zonas onde se instalarán bancos, árbores, etc, a ordenación das prazas de aparcamento, o coidado de accesos aos garaxes etc. Tamén se contempla a renovación do firme da calzada, levantándose o pavimento existente, así como a execución dun novo, asfáltico, en quente.

Suscribirse a este canal RSS