ponteareas

Ponteareas

Sobrevoando a Senda Fluvial do Tea

A senda fluvial do río Tea pode agora ser vista dende as alturas. O Concello de Ponteareas vén de gravar os 12 quilómetros de percorrido pola beira do Tea dende o aire, grazas á utilización dun dron. O vídeo, que se pode visualizar a través dunha ligazón presente na portada da web do Concello de Ponteareas, percorre os municipios de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario.

Represas afirma que como Alcalde a súa obsesión será crear emprego

O candidato do BNG á Alcaldía de Ponteareas, Xosé Represas, afirmou onte diante dun cento de empresarios, comerciantes e autónomos da localidade, que “a miña obsesión como Alcalde será crear emprego en Ponteareas e reducir o paro que afecta a máis de 3.000 veciños e veciñas”. No acto, presentado e conducido por un histórico do nacionalismo ponteareán, como Roberto Mera, tamén participou Anxo Quintana.

Ponteareas inicia a conta atrás para o Corpus Christi 2015

As actividades do Corpus Christi 2015, que foron presentadas no Salón de Plenos da Casa do Concello de Ponteareas, comezarán o venres 29 de maio coa presentación da revista Pregón e rematarán o luns 8 de xuño, Día do Alfombrista e festivo local. No programa deste ano destacan iniciativas como “Portaleando” e “Balconeando”, ademais de actuacións como “Keltia: o Musical”.

Patrimonio emite un informe favorable ao PXOM de Ponteareas

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, vén de emitir un informe favorable en relación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ponteareas. Este órgano autonómico considera que a documentación do PXOM de Ponteareas presentada para a súa aprobación provisional recolle de forma xeneralizada as emendas, correccións e información complementaria requirida no informe da Dirección Xeral de Patrimonio.

Suscribirse a este canal RSS