ponteareas

Ponteareas

Hoxe á tarde, ruta urbana "Coñece Ponteareas"

A Concellería de Cultura do concello de Ponteareas, que dirixe Hortensia Bautista, vén de organizar para hoxe xoves, ás 20:00 horas e con saída dende a Biblioteca Pública Municipal, unha ruta urbana polo casco vello da vila que se desenvolve baixo o nome de “Coñece Ponteareas”. A actividade permitirá que os asistentes poidan coñecer máis polo miúdo a historia dalgúns dos edificios emblemáticos situados no eido máis urbano da vila do Tea.

Modificación orzamentaria para crear un fondo de fomento de emprego co salario do alcalde

A renuncia do alcalde de Ponteareas, Xosé Represas a cobrar o seu salario, tal e como se comprometera na campaña electoral, permitiu que o Pleno da Corporación Municipal aprobara unha modificación orzamentaria co fin de destinar eses fondos á creación dun fondo para o fomento de emprego. No que resta de ano, case que 29.000 euros destinaranse a subvencionar a creación de postos de traballo para veciños e veciñas do municipio.

Ponteareas desenvolverá dez escolas deportivas gratuítas en agosto

Facer chegar a un maior número de usuarios unha maior diversidade de disciplinas deportivas. Esa parece ser a filosofía da Concellería de Deportes do Concello de Ponteareas á hora de deseñar as escolas deportivas que se desenvolverán no municipio durante o mes de agosto. Serán un total de dez especialidades que compoñen unha oferta tan variada como completa na que os rapaces e as rapazas terán a oportunidade de coñecer e practicar unha boa parte das modalidades que existen arestora na vila do Tea.

Os cativos do Campus Tea toman conciencia das tradicións de Ponteareas

Os nenos e as nenas inscritos na segunda quenda do Campus Tea 2015, que organiza o Concello de Ponteareas, tiveron a oportunidade de coñecer un pouco máis polo miúdo o funcionamento dun taller de rosquillas. Confitería Regino abriu as súas portas para lles ensinar o proceso de elaboración das mesmas e para que puideran experimentar con algunhas das máquinas máis tradicionais dunhas das empresas rosquilleiras máis senlleiras da vila de Ponteareas.

Ponteareas recupera a rúa como escenario da programación cultural de verán

A concelleira de Cultura do Concello de Ponteareas, Hortensia Bautista, acompañada polo alcalde Xosé Represas, presentou hoxe en rolda de prensa a programación cultural que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto na vila do Tea, unha programación que, segundo Bautista, é a máis ampla dos últimos anos e formada por “un conxunto de actividades que terán a rúa como escenario prioritario”.

A Comunidade de Montes de Xinzo denuncia os vertidos de lixo que está soportando

A Comunidade de Montes Veciñais de Xinzo vén de manifestar o seu máis fondo malestar, polos continuos vertidos de lixo que está a sufrir en terreos da súa propiedade, ao mesmo tempo que consideran que o proceder da administración autónomica nesta materia "é un atropelo" por canto, segundo os comuneiros de Xinzo, "en lugar de perseguir aos autores dos vertidos, actúan contra os propietarios dos terreos".

Suscribirse a este canal RSS