ponteareas

Ponteareas

O Festival Groba reforza o seu compromiso coa formación de novos talentos musicais

A Cidade da Cultura acolleu, na mañá de hoxe, a presentación da terceira edición do Festival Groba, que organiza a Orquestra de Cámara Galega, que dirixe Rogelio Groba Otero, fillo do Mestre Groba, e que terá lugar entre os días 8 e 14 de agosto no Auditorio Municipal de Ponteareas. O Festival terá como complemento unha oferta pedagóxica baseada, nesta edición, na música de cámara e na interpretación vocal.

Ponteareas aplicará a ordenanza municipal de instalación de terrazas "co máximo rigor"

O concelleiro de Comercio e Hostalería do Concello de Ponteareas, Mario Lago, reuniuse cos hostaleiros da vila para comunicarlles a intención do seu departamento, de facer respectar a normativa vixente en cuestións relativas á limpeza da vía pública e ao horario de recollida dos materiais. Lago asegurou tamén que aqueles locais que teñan instalada unha terraza "sen a licenza municipal correspondente, aínda que estiveran aboando a taxa pertinente, estarán obrigados a retirala".

Eslovaquia, Taiwán e Ponteareas unidas polo baile e a música

Os Xardíns da Xiralda do Concello de Ponteareas acolleron a presentación oficial do festival “Danzando entre Culturas”, que terá lugar o vindeiro domingo 2 de agosto a partir das 21:30 horas no Parque da Feira Vella e que achega á vila do Tea a música e baile de Eslovaquia, Taiwán e a dos anfitrións, a Agrupación Folclórica Algazara de Celeiros.

Suscribirse a este canal RSS