ponteareas

Concello de Ponteareas e colectivos sociais reuniranse para buscar solucións a falta de locais

O Goberno local de Ponteareas convocará aos colectivos sociais do municipio para tratar sobre os locais que podería poñer a disposición dos mesmos nos vindeiros meses. A intención do Goberno que preside Xosé Represas é someter a consulta previa pública, a elaboración unha ordenanza para a cesión de locais municipais aos colectivos sociais. Na reunión que o Executivo ponteareán manterá cos colectivos sociais, tanto dos locais de que se poderá dispoñer nos vindeiros meses, senón tamén das xestións coa Xunta sobre os locais baleiros da estación de autobuses e outras alternativas de locais municipais.

O Goberno local coincide cos colectivos sociais de que Ponteareas precisa de locais que poidan acoller ás asociacións e colectivos organizados para que poidan desenvolver as súas actividades. Segundo o Goberno local ponteareán, a falta de espazos "é consecuencia das políticas dos gobernos do PP que endebedaron o concello co gasto corrente sen control" e que por contra, asegutan dende o Executivo ponteareán "non gastou un euro en novas dotacións e locais".

Para contar con novos equipamentos, tan necesarios como agora se demostra, o anterior goberno desaproveitou tamén o crecemento urbanístico das últimas décadas para dispor de locais e terreos municipais para estas dotacións como

Nestes primeiros 18 meses, o novo goberno local tivo completamente limitada a capacidade para acometer obras e novos investimentos porque estaba obrigado a pagar a débeda acumulada para evitar maiores prexuízos no futuro, neste momento, a pesar de ter que facer fronte nos vindeiros meses ao pago de diversas sentenzas xudiciais e débedas pendentes, que suman máis de 1.500.000 euros, a situación comeza a mudar e permitirá atender prioridades e demandas veciñais e sociais como a de contar con novos locais.

Consulta pública previa
O Goberno local tamén informa que realizará á primeira consulta pública previa cidadá a ordenanza para a cesión de locais municipais a colectivos sociais, fase prevista na nova Lei de Procedemento Administrativo, vixente dende o pasado 2 de outubro, que recolle este procedemento coa finalidade dunha maior participación da cidadanía nos procedementos de elaboración de normas.

Na consulta poderán participar todas as persoas empadroadas en Ponteareas así como as organizacións e asociacións legalmente constituídas que poidan considerarse afectadas pola ordenanza que se someta a consulta.