ponteareas

A ponteareá Alexandra Martínez, candidata ao Parlamento de Galicia

Alexandra Martínez, veciña da ponteareá parroquia de Cumiar, concorrerá ás eleccións ao Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra. A moza de 25 anos de idade, é graduada en Psicoloxía e con dous másters no seu haber un de Psicoloxía no traballo e outro en Xestión de Recursos Humanos nas organizacións. Actualmente forma parte dun equipo de investigación na Universidade de Santiago de Compostela.

A candidata número 8 pola lista de Pontevedra afirma que “ sendo coñecedora da situación da educación post-obrigatoria, da súa mala situación, falta de becas e moitas dificultades para as alumnas e os alumnos decidín dar un paso adiante e xunto cos meus compañeiros apostamos para que eu fose na candidatura do PsdeG- PSOE”.

Alexandra Martínez séntese convencida de que Galicia precisa un cambio e non so polas dificultades que os mozos e mozas estamos a sufrir no eido educativo e/ou laboral, senón que tamén Galicia, precisa dun cambio no eido da sanidade ela afirma que “a xestión do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo é un paso máis na privatización da sanidade, os veciños e veciñas do Condado vémonos na obriga de pagar por estacionar no parking do hospital sendo os beneficios para unha empresa privada.”

Para rematar a candidata socialista pide o voto para o PSdeG o vindeiro 25 de setembro porque está convencida que “o equipo liderado por Xoaquin F. Leiceaga presentase as eleccións cun programa real, sen nin unha soa medida que non se poida realizar, sen megaproxectos irrealizables. Galicia merece unha resposta nova e entre todas e todos imos darlla para por fin ao goberno do Partido Popular e comezar unha nova andaina que sitúe a Galicia como un país onde os mozos e mozas, e os non o son, non teñan que emigrar.”