ponteareas

Belén Villar: "Faremos unha oposición seria e construtiva para recuperar a confianza da veciñanza"

A presidenta do PP de Ponteareas, Belén Villar, reuniu aos once primeiros candidatos da lista electoral para solicitarlles "o seu apoio e o seu compromiso de traballo constante durante o próximos catro anos". "Non podemos baixar a garda, as eleccións empézanse a gañar desde o minuto un en que se perden. Só cun traballo constante de catro anos poderemos recuperar a confianza dos nosos veciños", explicou a candidata.

Na reunión, Rosa Mª Carrera, número cinco da candidatura, agradeceu a confianza depositada nela e presentou a súa renuncia por motivos laborais. 

A partir do día, 15 de xuño, o grupo municipal do PP quedará formado por Belén Villar. Licenciada en Económicas pola Universidade de Vigo, actual presidenta do PP de Ponteareas e exconcelleira de Facenda, cargo que ostentou entre os anos 2011 e 2015; Andrés Sampedro Fernández. Filólogo pola Universidade de Vigo e Santiago de Compostela e membro da Asociación de Alfombristas; Silvia Fernandes. Licenciada en Arquitectura pola Universidade da Coruña. Pertenceu ao equipo redactor da EDUSI de Ponteareas e é membro da Banda Xuvenil e Fundación Musical de Xinzo; Francisco J. Represas. Diplomado en Enfermería. Docente na Universidade de Vigo e sanitario especialista en Enfermería Familiar e Comunitaria. Presidente da Banda Xuvenil e Fundación Musical de Xinzo e Lina Limeres. Técnico Superior en Administración e Dirección de Empresas. Empresaria, autónoma. Presidenta da Asociación de Comerciantes Tea.