ponteareas

Aberto o prazo de inscrición para o 'VI Torneo Escolar Ramiro Sabell' de Ponteareas

O concello de Ponteareas e o Club Xadrez Ramiro Sabell presentaron o 'VI torneo escolar Ramiro Sabell' que terá lugar o vindeiro 17 de maio no IES Val do Tea. O evento, que puntuará para o XIV circuito galego de promoción, comezará ás 11 horas e nel veránse as caras os e as xadrecistas das categorías sub-8, sub-10, sub-12, sub-14 e absoluta.

O club adianta que o prazo de inscrición, que xa está aberto, pecha as 20 horas do 16 de maio. Despois do éxito de participación da anterior edición, a organización decidíu ampliar o número de inscrición a 250. As e os interesados neste reto deberán inscribirse na seguinte ligazón http://www.xadrezramirosabell.com

Os cinco primeiros clasificados de cada categoría, agás da absoluta que serán para os tres primeiros, recibirán un trofeo e haberá recordos e sorteo de agasallos para todas e todos os xadrecistas.

O presidente do Club, Miguel Gallego Illán, agradece a colaboración do concello, da Federación Galega de Xadrez, dos centros educativos e das casas comerciais que fan posible este torneo. Ademais, desexa a todos e todas as participantes que desfruten dunha xornada deportiva entretida e divertida.