ponteareas

As alfombras florais de Ponteareas, protagonistas en Portugal e Italia

O mes de maio é, sen dúbida, un mes de traballo intenso para a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas que realizarán, o día 11, dúas alfombras separadas entre elas por 1.750 quilómetros. Unha delas participará na Exposición Internacional de Alfombristas de Pietra Ligure (Italia) e a outra, máis preto da casa, será en Monção con motivo da Festa da Nossa Senhora da Rosa.

A participación da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas na 'Pietra Ligure in Fiore', da conta da importancia dos e das alfombristas de Ponteareas que son, sen ningún tipo de dúbida, referente na arte floral a nivel nacional. Cómpre lembrar que as alfombras florais de Ponteareas ostentan a catalogación de Interese Turístico Internacional.

No 'Pietra Ligure in Fiore' terá lugar durante a fin de semana do 10 ao 12 de maio no centro histórico da cidade costera italiana. A actividade está organizada pola Municipalidade de Pietra Ligure en colaboración coa asociación voluntaria Circolo Giovane Ranzi. O evento ten como obxectivo promover e mellorar o coñecemento e as tradicións relacionadas coa realización de 'infiorate' ao vincular ás comunidades italiana e europea que miran dentro delas a presenza desta antiga expresión ético cultural.

En total, serán nove os países participantes nesta Exposición Internacional de Alfombristas de Pietra Ligure: Italia, Lituania, Hungría, Austria, Belgica , Alemania, Polonia Portugal e España. En total, haberá 43 alfombras e máis de 800 alfombristas traballando. A representación española estará formada, única e exclusivamente, por alfombristas de Ponteareas e Castropol.

Doutra banda, a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas participará, un ano máis, na Festa dá Nossa Senhora dá Rosa, da localidade portuguesa de Monção, confeccionando unha alfombra floral e seguindo, desa forma, unha tradición iniciada no ano 2009, celebrando este ano o decimo aniversario do irmandamento. O deseño desta alfombra foi realizado un ano máis pola artista monaçense Mafalda de Castro que incorpora elemento típicos da cultura portuguesa.