ponteareas

Apego volve a Ponteareas con 'Un lugar chamado mundo'

A Auditorio Municipal de Ponteareas acolle, este sábado día 11 de maio, ás 12:00 horas, o espectáculo musical 'Un lugar chamado mundo', de Verdeveras Expresións Artísticas e que se enmarca dentro do proxecto apego, unha actividade que busca, de xeito mensual, formentar a vinculación das familias co idioma galego.

'Un lugar chamado mundo' é un conto musical que xira arredor de Mariña, a nena protagonista da historia na que se busca entreter e favorecer o desenvolvemento da imaxinación, estimular o coñecemento das diversas culturas e ritmos a través dunha viaxe musical desde Galicia, pasando por Italia, China ou Senegal e no que se pon de manifesto a necesidade de coidar e respectar o planeta e os seus habitantes.

Apego é un programa colectivo dirixido a fomentar e a facilitar a transmisión do galego como lingua inicial e a socialización dos nenos e das nenas entre 0 e 6 anos no noso idioma, para o que se desenvolven materiais, facilítanse e difúndense recursos, deséñanse e prográmanse actividades para nais e pais e para nenos e nenas, etc.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proxecto poden pórse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, onde recibirán toda a información precisa.