ponteareas

Vanesa Fernández alerta sobre o risco de "non ter dúas ambulancias 24 horas"

Vanesa Fernández, concelleira de Sanidade do Concello de Ponteareas Vanesa Fernández, concelleira de Sanidade do Concello de Ponteareas

A concellería de Sanidade do Concello de Ponteareas, Vanesa Fernández, alertou sobre o risco de que Ponteareas "non vaia a contar con dúas ambulancias 24 horas para as urxencias sanitarias". Segundo a concelleira ponteareá, "nas condicións que a Xunta de Galicia recolle na convocatoria para o concurso do servizo, non se esixe un mínimo de dúas ambulancias as 24 horas".

Vanesa Fernández explica que, en ditas condicións, "tan só esixen unha ambulancia 24 horas e outra 12 horas, puntuando con 10 puntos a aquelas empresas que fagan unha mellora e amplíen a segunda ambulancia a 24 horas" cando, segundo a concelleria de Sanidade do Concello de Ponteareas, “este servizo básico debería ser un requisito imprescindible e non algo accesorio puntuable porque as nosas ambulancias cubren un territorio xeográfico extenso para catro concellos con suficiente poboación como para ser indispensable as dúas ambulancias as 24 horas”.

Para a concelleira as bases do concurso "priman o interese comercial das empresas e non a cobertura sanitaria da cidadanía".