ponteareas

Máis dun cento de ciclistas, nas 'I Xornada de seguridade viaria no ciclismo'

Respectamos as normas?, sabemos o risco que corremos?, temos empatía co resto dos usuarios da estrada?, mellor máis guapo ou máis seguro?... son algunhas das reflexións que todos os participantes consideraron onte na 'I Xornada de Seguridade Viaria no Ciclismo' celebrada no Auditorio Municipal de Ponteareas e organizada pola Concellería de Tráfico e Seguridade Cidadá que dirixe Vanesa Fernández.

Ciclistas das comarcas do Condado, A Paradanta e A Louriña dábanse cita para recibir información actualizada da normativa de seguridade viaria e bos hábitos á hora de circular nunha xornada que congregou a máis dun cento de ciclistas que foron asesorados pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT), pola Garda Civil do destacamento de Tráfico do Porriño e pola Policía Local de Ponteareas, encargados de impartir os diferentes relatorios nos que trataron temas que ían dende a normativa vixente, aos matices da circulación en vías interurbanas e urbanas.

O gañador da Volta España, o ponteareán Álvaro Pino, abríu o acto da man do xefe da Policía Local, Benigno Moldes. Como profesional e máximo expoñente deste deporte en Galicia, Pino insistíu na importancia "de ser respectuosos e de velar sempre pola boa convivencia na estrada sendo conscientes sempre das obrigas do ciclista e non só dos dereitos".

José Manuel González, coordinador de exámenes da Dirección Xeral de Tráfico (DGT) explicou a normativa na que, entre outras consideracións, contémplase a obrigatoriedade de levar timbre e luz blanca na parte de diante e vermella detrás.

ciclismo xornada seguridade viaria 02

González aclarou polémicas como a do uso da luz vermella intermitente na traseira da bicicleta que anos atrás podía ser motivo de sanción pero que, a día de hoxe, está permitida e pode suplir á luz vermella fixa.

Entre algunhas das cuestións expostas tamén estaba a circulación de bicicletas nas autovías, matizando a DGT que “salvo que estea sinalizada a prohibición, os e as ciclistas maiores de 14 anos poden circular polo arcén da autovía, no caso de prohibición débese ofrecer un tramo alternativo”. A Garda Civil de Tráfico do Porriño, representada polo sarxento Daniel Castelo, e a Policía Local de Ponteareas explicaron como debe circular o ciclista fóra e dentro do casco urbano.

Os expertos deixaron claro temas como a posibilidade de transportar bebés de ata sete anos de idade nunha silla homologada en todo tipo de vías, a obrigatoriedade do uso de casco para os menores de 16 anos e para os maiores tan só en interurbanas e non en travesía ou a posible sanción á que se someten aqueles e aquelas ciclistas que circulen por espazos peonís como beirarrúas ou rúas peonís. “No caso de rúas peonís ou pasos de peóns o ciclista debe ir a pé e levar a bicicleta pola man, tamén debe empregar alumeado de noite e pezas reflectantes cando circulan”.

Entre as normas que debemos cumprir como ciclistas para garantir a máxima seguridade, explicóuselle aos presentes, "está a de circular en vías urbanas polo centro do carril e fóra de casco urbano á dereita polo arcén, se é transitable e se non o máis pegado á dereita en fila de un e podendo circular en fila de dous".

Tamén se explicaban algunhas das normas dirixidas específicamente aos automobilistas. Por exemplo, que nas glorietas, os ciclistas teñen prioridade e no momento que entra o primeiro ciclista, o resto do pelotón ten preferencia e os vehículos, polo tanto, deberán deixalos pasar.

Nos adiantamentos, o ciclista debe gardar a distancia de seguridade e o condutor gardar un metro e medio de distancia podendo sobrepasar a liña contínua sempre que hai visibilidade e seguridade.

Uso de auriculares, circular a rebufo, móbil e outras distracións frecuentes tamén formaron parte desta primeira xornada que a concelleira Vanesa Fernández considera imprescindible para sensibilizar e concienciar, dotando a toda a cidadanía de toda a formación e coñecementos posibles para vivir en harmonía. Ao remate as autoridades abriron un tempo de coloquio no que solventar todas as posibles dúbidas.