ponteareas

O PSOE acusa ao PP ponteareán de apropiarse do proxecto EDUSI logrado polo goberno

O Partido Socialista de Ponteareas vén de cualificar de "irresponsable" a portavoz e candidata do PP por non ter en conta "que pode por e risco a futura licitación e adxudicación de compra dun futuro posible inmoble para uso público". Asimesmo, os socialistas de Ponteareas denuncian que o Partido Popular está prometendo en campaña "cometer ilegalidades urbanísticas que foron desastrosas no pasado".

“Do que se trata é primeiro detectar as necesidades e despois sacar a concurso posibles inmobles que se axusten ás necesidades analizadas, buscando sempre o mellor prezo para o Concello. Belén Villar está facendo todo o contrario”, explica a edil de Urbanismo Chus Garrote.

O goberno de Ponteareas iniciou hai uns días un proceso participativo que determinará os usos dun futuro inmoble. Polo tanto, os socialistas de Ponteareas consideran que o Partido Popular "pode estar incorrendo nunha usurpación de funcións públicas en nun engano á cidadanía co seu programa".

Dito proceso participativo está enmarcado no Plan Estratéxico EDUSI de fondos europeos xestionado desde a Concellería de Urbanismo que dirixe a socialista Chus Garrote que contempla dentro da súaprogramación a rehabilitación do Casco Vello e dun edificio dinamizador dentro da liña ot9.

O PSdeG-PSOE de Ponteareas considera que o Partido Popular "carece de programa político para o concello", e afirma que nin Belén Villar "nin as súas novas 'fichaxes' teñen novas ideas", recorrendo a un documento do 2016 que foi impulsado "pola Concellería de Urbanismo e que, curiosamente, non contou co voto favorable do PP no pleno de aprobación".

Chus Garrote asegurou alegrarse de "ver que o PP acaba de darse conta de que o PSdeG-PSOE ten o mellor programa de futuro para Ponteareas. Mágoa que tiveran que integrar a súa número tres para ler o documento tres anos despois da súa aprobación”, conclúe a concelleira e candidata socialista.