ponteareas

A veciñanza de Areas, Arnoso e Xinzo esixe solucións á seguridad da N-120

Veciños e veciñas de Xinzo, Arnoso e Areas concentráronse na glorieta do cruce coa estrada de Mondariz Veciños e veciñas de Xinzo, Arnoso e Areas concentráronse na glorieta do cruce coa estrada de Mondariz

Onte 12 de abril as veciñas e veciños de Areas, Arnoso e Xinzo, parroquias atravesadas pola N-120, dixeron "basta xa". Aseguran estar cansos "de tanta tomadura de pelo por parte de Fomento", así que botáronse á rúa cargados de cruces que, tristemente, lembraban aos mortos que se producen todos os anos nunha vía que cruza tres das parroquias máis densamente poboadas do municipio.

Os veciños entenden que os políticos non lles deixan "outra opción que saír a rúa a loitar polo que lle pertence", así que cortaron de xeito espontáneo a glorieta de entrada a Ponteareas, a vía máis utilizada de acceso ao casco urbano, que provocou un auténtico caos circulatorio que, polo visto, é o único xeito de chamar a atención para que, dunha vez por toda, se tomen medidas que eviten os accidentes mortais. 

Por certo, que, segundo sinala a Plataforma N-120, a veciñanza pídelle "medidas máis contundentes" mentres non se vexan resultados e lamentan que o lider do PSdeG-PSOE continue "sen querer reunirse con esta plataforma". O que si teñen claro os veciños e veciñas é que "non van consentir" que se saquen dos Orzamentos do Estado os cartos que, teóricamente, estaban comprometidos para estas actuacións de seguridade viaria.

plataforma n120 mani 02

Á concentración de onte asistiron representantes de PSOE, ACIP, PP e o propio Alcalde, o que, ao entender da Plataforma, "demostra a importancia da reclamación das tres parroquias".

Hoxe, ás  22:00 h a Plataforma reuníase con veciños de Xinzo para explicar o estado actual da situación e que medidas se adoptarán en breve. Mañá sábado, a reunión será as 11 horas na Casa Cultural de Areas xa que a pasada semana, xa se fixo unha reunión similar en Arnoso.

A plataforma N120 "vendo o enorme cabreo que teñen os veciños das tres parroquias", aseguran non facerse responsables do que pase na N-120 polo que "recomendan a usuarios e usuarias que usen outras alternativas para chegar a Ponteareas.