ponteareas

Continúa aberta a inscrición para o Campamento Urbano da Cruz Vermella de Ponteareas

O próximo 15 de Abril dará comezo o Campamento Urbano “O tesouro de Cleopatra”, que a Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Condado organizou para máis de 30 nenos do municipio. Ao longo de tres días 15, 16 e 17 de Abril, en horario de 9 h a 14 h, levarán a cabo multitude de actividades e xogos entre os que se atopan: unha ruta de sendeirismo, o gran xogo, manualidades, cancións... todos eles foron planificados para transportar aos/ as nenos/ as participantes a unha historia cargada de maxia, valores e aventuras.

Entre os obxectivos que busca esta iniciativa, sinala a Cruz Vermella, están "a promoción do xogo como canle de ensino, favorecer as boas relacións interpersoais e valores como o respecto, a solidariedade e o compañeirismo".

O campamento está dirixido a 30 nenos e nenas do municipio con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos e para participar é necesaria a inscrición previa desde hoxe ata o día 12 de Abril nas oficinas de Cruz Vermella en Ponteareas. Esta actividade conta xa, cunha gran tradición dentro da programación de lecer da Institución, atendendo desde o 2004 a máis de 500 nenos e nenas en anteriores edicións.

Todas as actividades están organizadas e deseñadas por un equipo de 10 voluntarios e voluntarias que pertencen á sección xuvenil de Cruz Vermella en Ponteareas e que participan en diferentes actividades durante todo o ano. Para maior información e inscrición, interesadas e interesados poden dirixirse á Asemblea Comarcal Condado da Cruz Vermella, na rúa Virxe da Luz, nº4 de Ponteareas. Tamén se pode solicitar máis información no teléfono 986 641794 e no enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.