ponteareas

A Deputación inviste preto de 95.000 euros en tres novas actuacións en Ponteareas

A Deputación de Pontevedra aprobou, mediante resolucións presidenciais, tres novos investimentos para o concello de Ponteareas ao abeiro da Liña 1 do Plan Concellos 2019 por un total de 94.293,49 euros. Máis polo miúdo, destinaranse 24.300,83 euros ao acondicionamento da área recreativa A Freixa; outros 26.086,20 euros para financiar a instalación de alumeado nas pistas de tenis na área recreativa da Freixa; e, por último, 43.906,46 euros para a ampliación da rede de abastecemento na parroquia de Moreira.