ponteareas

ACiP "lamenta" o estado da Estación de Autobuses

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, Juan Carlos González Carrera, lamentou hoxe o estado no que se atopa a Estación de Autobuses de Ponteareas que evidencia, sinala, "falta de mantemento diario e asemella que o goberno local busca excusas para pechar definitivamente esta instalación". A situación desta instalación é, para o portavoz de ACiP "unha deixación de funcións do Concello que está obrigado ao correcto mantemento dos servizos municipais". 

Á suciedade, abandono e falta de mantemento, afirma González Carrera, "a instalación nin sequera conta cun servizo de información aos usuarios". A pouca importancia que, segundo o portavoz de ACiP lle presta o goberno a esta instalación, queda amosada en que "nin sequera o concello habilitou na súa páxina web un apartado destinado á estación de autobuses e a información para os usuarios".

González Carrera lembra que diariamente son moitos os usuarios de Ponteareas e de fóra da vila que fan uso dos servizos de transporte colectivo por razóns sanitarias, educativas ou de traballo, por iso, “dende ACiP cremos que é necesario un plan de rehabilitación e mantemento adecuado da estación de autobuses, porque é un servizo prioritario. Ten que haber persoal atendendo esta instalación e así o faremos si os veciños nos dan a responsabilidade de gobernar”, asegura González Carrera.