ponteareas

Accidente mortal en Ponteareas nunha colisión frontal

Unha persoa perdeu a vida e outra resultou ferida no choque frontal acontedido ás dúas da mañanciña de hoxe na N-120 ao seu paso pola parroquia ponteareá de Santiago de Oliveira. A vítima mortal tivo que ser excarcerada pola unidade de excarceración coa que contan os bombeiros de Ponteareas.

Un veciño da zona avisou ao servizo de emerxencias do 112 Galicia dando conta do accidente e sinalando, no seu relato, que había unha persoa atrapada no interior dun dos vehículos e que estaba inconsciente. Os bombeiros de Ponteareas procederon a excarcerar a persoa atrapada que xa estaba falecida. Mentres, os profesionais das Urxencias do 061 evacuaron a ocupante do outro vehículo que presentaba lesións de consideración.