ponteareas

ACiP asegura que o baleirado de fosas sépticas no será factible neste mandato

O portavoz de ACiP, Juan Carlos González Carrera asegurou hoxe que o servizo de baleirado de fosas sépticas anunciado polo Goberno local de Ponteareas nin está creado nin hai posibilidades de que comece a funcionar neste mandato. 

González Carrera explica que no pleno da pasada semana aprobouse a creación dunha partida de 55.000 euros para este fin que foi rexeitada por ACiP xa que, sinala "presentábase en base a unha suposición" ao non existir "estudo económico, nin previsión, nin nada que se lle pareza". En canto a se o servizo sería público o privado, Juan Carlos González Carrera sinala que ao asegurar nunha nota de prensa que o tería que realizar un xestor autorizado de residuos, "recoñécese implicitamente que será unha empresa privada”.

Alternativa Ciudadana de Ponteareas explica que para crear un servizo destas  características primeiro "é necesaria a modificación da ordenanza municipal de saneamento" ao non indicar en ningún apartado o baleirado das fosas sépticas. A modificación, engade o portavoz municipal de ACiP, tería que ir a Pleno co que "xa estaríamos no mes de marzo" ao que hai que engadir o prazo de exposición ao público, perído de alegacións e aprobación definitiva, co que claramente pasaríanse todos os prazos do actual mandato.

No que fai referencia ao custe do servizo, Juan Carlos González Carrera pregunta se o Goberno pode asegurar "que cobrará 41 euros ao ano aos veciños do rural polo baleirado de fosas" xa que ese e o custe do saneamento no rural. Este custe, remata o portavoz independente, sería "inasumible" polo que considera que é un "anuncio electoralista".