ponteareas

Belén Villar pedirá ao Pleno da Deputación apoio "ás reivindicacións da plataforma da N-120"

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Ponteareas e deputada provincial, Belén Villar, asegurou hoxe que o PP "esgotará todos os mecanismos posibles para evitar o recorte do Goberno estatal" que, no borrador dos Orzamentos do Estado para este exercicio 2019, decidiu facer desaparecer a Variante-Circunvalación de Ponteareas e reducir o investimento para a mellora da seguridade da N-120.

Xunto cos deputados autonómicos Moisés Rodríguez, Martín Fernández, Jaime Castiñeira, Jacobo Moreira, Diego Calvo, Marta Novoa, Julia Rodríguez, Gonzalo Trenor e Daniela Varela, presentará unha iniciativa parlamentaria para que o Parlamento galego mostre o seu apoio rotundo á recuperación destes fondos. Asimesmo, presentarán unha pregunta para saber a valoración da Xunta ante a resposta do Ministerio e cales serán as xestións a facer ante Fomento.

Ademáis, na súa calidade de deputada provincial, rexistrará unha moción para debater este asunto na Deputación de Pontevedra "para que todos teñan a oportunidade de sumarse a esta reivindicación". “Decidimos esgotar todas as vías que están ao noso alcance para reclamar o que lle pertence a Ponteareas. Espero que tanto no Parlamento galego como na Deputación de Pontevedra o apoio sexa unánime”, explicou Villar.

O PP asistirá o vindeiro venres, 8 de febrero, á reunión convocada pola Plataforma. “Queremos coñecer as xestións que se realizaron e que, polo momento, se descoñecen" xa que asegura a concelleira popular, nin o alcalde nin a tenente de alcalde informaron sobre as xestións realizadas.