ponteareas

Cincocentos ciclistas de toda Galicia competirán o domingo na Mini BTT de Ponteareas

A concellería de Deportes, que dirixe Benito Márquez, e o presidente do Club Ciclista Ponteareas, Marcos Porto, presentaron o Gran Premio MiniBTT que terá lugar o vindeiro domingo 15 de xullo a partir das 11 horas e no que participarán arredor de 500 ciclistas de todos os clubs de Galicia. A competición está reservada para deportistas federados nas categorías de benxamín, promesa, principiante, alevín, infantil, cadete e feminas.

A proba disputarase no campo de adestramento do Clube Ciclista Ponteareas nas Cachadas e sorteará agasallos ao remate da proba. Tamén disporá dunha cantina aberta ao público.

Ciclistas de toda Galicia de entre tres e dezaseis anos pedalearán no circuito do Club Ciclista Ponteareas que convida a toda a veciñanza a gozar deste espectáculo deportivo.

O concelleiro de Deportes, Benito Márquez, anima a tódolos participantes "a dar o mellor de si e a participar nesta relevante proba deportiva".