14.5 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas abre a inscrición para o curso 'Programación web con software libre'

    Ponteareas abre a inscrición para o curso ‘Programación web con software libre’

    A concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó vén de dar conta da apertura da inscrición para o curso ‘Programación web con software libre. Web development bootcamp‘, iniciativa que se deenvolven ao abeiro do proxecto Millennials da Deputación de Pontevedra.

    A acción formativa está destinada a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 anos e 30 anos en situación de desemprego e inscritas ou inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

    O prazo de inscrición xa está aberto e para formalizala tan só hai que encher o formulario desta ligazón.

    O curso, de 316 horas, realizarase na aula de informática do Centro de Desenvolvemento Local (CDL) entre o 17 de xullo e o 17 de outubro en horario de 9h a 14 horas.

    Millennials enmárcase dentro do convenio de colaboración entre a da Deputación de Pontevedra e a Escola de Organización Industrial, dentro do marco do Programa Operativo de  Garantía Xuvenil. Integra accións formativas deseñadas e adaptadas ás necesidades da mocidade  e das necesidades do tecido empresarial da provincia, no marco do Plan nacional de garantía xuvenil.

    Miguel Bouzó subliña que, esta formación, “permitiralles ás mozas e aos mozos mellorar a súa empregabilidade para acceder ao mercado laboral e recibir formación e asesoramento gratuíto”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.