Mondariz

Mondariz converte á Biblioteca Municipal no eixo cultural do municipio

A Biblioteca Municipal ‘Xoán Xosé Perez Labaca’ de Mondariz vén de recibir, nas últimas datas, tres subvencións destinadas, tanto á actualización e ampliación dos seus fondos bibliográficos como á iniciativas destinadas a dinamizar esta instalación bibliotecaria. No que a actualización de fondos fai referencia, a biblioteca de Mondariz recibiu unha achega de 875,24 € para adquisición de novidades editoriais en lingua galega. A propia Xunta facilita un catálogo das novidades editoriais deste ano e a biblioteca ten liberdade de elixir os libros ata o importe establecido.

A Deputación ultima a mellora da estrada á Igrexa en Sabaxáns, Mondariz

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra está a finalizar as obras de mellora da estrada provincial EP-4307 de acceso á igrexa de Sabaxáns, no concello de Mondariz. Os traballos, segundo explica o deputado de Mobilidade Uxío Benítez, supoñen a rehabilitación e saneo da totalidade do firme (1.580 metros), a instalación de elementos de calmado de tráfico, e a colocación de nova sinalización vertical e horizontal co fin de aumentar a seguranza da vía.

A Plataforma en Defensa do Pediatra recollerá sinaturas o 30 de marzo en Ponteareas

A plataforma en defensa do Pediatra en Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo estará este sabado 30 de Marzo de 11 h a 13:30 h na Feira de Ponteareas (na esquina de Vidales Tomé) recollendo firmas para que se restableza o servicio de Pediatria nos seus concellos. Cabe salientar que o domingo pasado, na feira de Mondariz, en tan só dúas horas, recolléronse 600 firmas. O obxectivo está en chegar ás 5.000 sinaturas para envialas á Consellería de Sanidade.

Suscribirse a este canal RSS