O Pleno de Mondariz da luz verde á RPT

O Goberno local de Mondariz amosou a súa satisfacción pola aprobación da RPT (Relación de Postos de Traballo), un documento básico para o correcto desenvolvemento das funcións do persoal municipal xa que nel se especifican con claridade as obrigas e dereitos que teñen os traballadores e traballadoras en cada un dos postos do cadro de persoal do Concello. Ademais, a RTP é un documento que lles ofrece garantía aos traballadores, xa que o seu salario vai ser independente dos cambios de Goberno.

Este documento, que era un compromiso do goberno de AporM dende a súa entrada no Concello de Mondariz, foi aprobado na sesión plenaria de onte cos votos a favor de AporM (grupo de goberno), BNG, PP e MsT e a abstención do PSdeG-PSOE.

O documento xa fora aprobado, no seu día, pola maioría das forzas sindicais con representación no concello –UXT, CC.OO. e CSIF– (a CIG que non se presentou na mesa de negociación para a votación) e tamén por unha ampla maioría na asemblea dos traballadores e traballadoras.