Mondariz abre a licitación das cafeterías do Mercado Municipal e Centro Social

O Concello de Mondariz vén de dar conta da apertura do prazo de licitación de catro concesións de dominio público de cara a súa explotación. Trátase dos bares-cafeterías do Mercado de Abastos e do Centro Social, e dos quioscos das praias fluviais do Ceo e O Val.

No caso do bar-cafetería do Mercado de Abastos, o prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro día 10 de maio, mentres que, no caso da explotación do bar-cafetería do Centro Social, o prazo rematará o día 16 de maio.

No que atinxe aos quioscos das praias fluviais do Ceo e O Val, o prazo rematar o mesmo día para ámbalas dúas concesións, o 20 de maio.

As persoas interesadas poden recoller as bases nas oficinas municipais da Casa do Concello, de 9 h a 14:30 horas ou tamén na sede electrónica do Concello de Mondariz.