A Plataforma en Defensa do Pediatra recollerá sinaturas o 30 de marzo en Ponteareas

A plataforma en defensa do Pediatra en Mondariz, Mondariz Balneario e Covelo estará este sabado 30 de Marzo de 11 h a 13:30 h na Feira de Ponteareas (na esquina de Vidales Tomé) recollendo firmas para que se restableza o servicio de Pediatria nos seus concellos. Cabe salientar que o domingo pasado, na feira de Mondariz, en tan só dúas horas, recolléronse 600 firmas. O obxectivo está en chegar ás 5.000 sinaturas para envialas á Consellería de Sanidade.

pediatra mondariz marzo 02

Por se alguén se esqueceu, o Centro de Saúde de Mondariz leva, dende novembro do 2018 sen pediatra aínda que, curiosamente, si ten consulta de enfermería pediátrica. Nun argumento digno dunha película de Berlanga e que sería para botarse a rir de non ser tan grave e afectar ás familias de tres municipios –Covelo e Mondariz Balneario tamén utilizaban a consulta de pediatría de Mondariz–, a consulta de enfermería está no Centro de Saúde de Mondariz pero a consulta do Pediatra en Ponteareas a, cando menos, quince quilómetros.