Mondariz Balneario

A parella do World Padel Tour, descansa e adestra no Balneario de Mondariz

Os gurús do padel nacional Maxi Sánchez e Matías Díaz, que ostentan actualmente o número 3 do ránking por parellas de World Padel Tour, foron protagonistas no Balneario de Mondariz dunha fin de semana moi deportiva para preparar en Galicia as súas novas competicións, tras o parón tras disputar a fase correspondente ao Torneo de Las Rozas, en Madrid.

Mondariz Midnight Fashion Show, a noite máxica da moda galega

Mondariz Midnight Fashion Show chega á súa terceira edición, o próximo 3 de xuño, nunha noite máxica que será un encontro de xentes da moda, responsables do 'Made in Galicia'. A pasarela que trata de apoiar aos novos deseñadores galegos, e que se celebra na contorna dos xardíns do Gran Hotel do Balneario de Mondariz, terá continuación nunha cea onde se entregará o II Premio Gene Cabaleiro aos Novos Valores do Deseño Galego.

Xunta e Mondariz Balneario axilizan a modificación do planeamento urbanístico

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo esta mañá un encontro co alcalde de Mondariz Balnerario, José Antonio Lorenzo, de cara a axilizar a tramitación da modificación puntual do Proxecto de ordenación do medio rural que pretende ampliar de educativo a asistencial os usos permitidos nas instalacións da antiga escola fogar.

Suscribirse a este canal RSS