O BNG a piques de desbancar ao PP

Se antes falabamos de que a determinados municipios da Paradanta non lle gustaban nin as sorpresas nin os sobresaltos, a Mondariz Balneario, lugar de reposo e tranquilidade, lle gustan moito menos. O PP, con José Antonio Lorenzo repite resultados e dalle outro mandato que fará que, ao seu remate, no 2023 leve a frioleira de 40 anos como alcalde.

Pero estes resultados teñen outra lectura: o BNG, pese a seguir con tres concelleiros fronte aos catro do PP, recorta as diferenzas. O PP obtén un 49,48 % dos votos fronte ao 48,85 % do BNG, a piques de desbancar aos populares.

Para aqueles que nos cualifiquen de esaxerados, compre lembrar que no 2015 a porcentaxe de voto do PP era do 54,75 % fronte a un 40,62 % do BNG. Así que, saquen vostedes conclusións.