Mondariz Balneario

O BNG cualifica de “escándalo” o uso privado dun camión municipal en Mondariz Balneario

O portavoz e candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, denunciou o que cualifica de “uso indebido do camión que a Deputación Provincial entregou ao Concello, no marco do desenvolvemento do Plan Revitaliza”. Trátase, segundo indica Gil, “dun pequeno camión dotado de guindastre destinado a funcións de apoio á implantación do programa de compostaxe do lixo”.

César Gil chama a abrir "un tempo novo" co BNG para revitalizar Mondariz Balneario

O candidato do BNG á alcaldía de Mondariz Balneario, César Gil, presentou ante un cento de persoas as principais propostas do proxecto do Bloque para a localidade. Arroupado pola deputada do BNG no Parlamento Galego, Olalla Rodil, e pola alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, o candidato destacou “o aval do traballo serio e rigoroso ao servizo da veciñanza que o BNG leva demostrando na vila dende hai décadas, que é fundamental para o cambio político que vivirá Mondariz Balneario dende o 26 de maio”.

Millán Salcedo descansa no Balneario de Mondariz antes da estrea do seu novo show

Os asiduos ao Balneario de Mondariz gozaron estes días coa presenza dun dos humoristas máis populares do noso país, Millán Salcedo –ex Martes y 13– que aproveitou o principio da primavera para desconectar na vila termal pontevedresa. O 'descanso do guerreiro' porque, como confesou, está a piques de presentar o seu novo show teatral, 'O entretenedor' que será todo un percorrido pola vida pública dun dos cómicos máis populares no noso país.

Comeza a XV Edición do Advanced Management Program do «IE Business School» de Galicia

O IE Business School cumpre 15 anos formando aos executivos galegos na súa sede do Balneario de Mondariz, un aniversario moi especial xa que foi en Galicia onde naceu este programa da man do seu director executivo, Kiko Rial, e desde onde posteriormente exportouse o modelo a outras comunidades de toda España tales como Castela, Madrid, Valencia, Murcia, País Vasco, Navarra, Asturias, Andalucía, Aragón e Canarias.

Os beneficios das augas do Balneario de Mondariz na prevención da vellez

Balneario de Mondariz acolleu un curso de preveción do envellecemento a partir das propiedades das aguas mineromedicinales. No marco da Cátedra de Hidroloxía Médica da Universidade de Santiago e a Asociación de Balnearios de Galicia, as xornadas foron dirixidas a futuros médicos, nas que se abordou o papel que cumpren os centros termais de cara a favorecer o envellecemento activo das persoas da terceira idade.

Mondariz Balneario acolle un encontro de altos directivos galegos

Balneario de Mondariz acolleu un novo encontro de altos directivos galegos organizado polo ie business school. Baixo o título 'Futuro do traballo...traballo do futuro' este workshop convocou a un total de 60 directivos das empresas máis destacadas das catro provincias galegas. Durante a xornada abordouse o impacto do cambio tecnolóxico nas facetas profesionais e persoais. I

Suscribirse a este canal RSS