As Neves

As Neves inicia o asfaltado, recuperación e mellora de pistas e camiños

O Concello das Neves, aproveitando a chegada do bo tempo, vén de iniciar un plan de asfaltado nos viais municipais de cara a rematalos nos vindeiros meses. Nestes momentos están en marcha traballos en Calvario (Rubiós) e Casal (Taboexa) amais o Concello sinalou que xa están adxudicadas as obras do acceso a Setados, no barrio de Lamela e de Gende en Rubiós.

Éxito do Centro de Compostaxe Comunitaria da Casa da Xuventude das Neves

O novo centro de compostaxe comunitaria situado á beira da Casa da Xuventude de As Neves xa funciona a pleno rendemento. Persoal técnico do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra esta pasada semana, con motivo da súa posta en marcha, unha charla informativa entre a veciñanza da zona para explicar o funcionamento e como achegar o lixo orgánico.

As Neves amosa o seu malestar polo uso de glifosato por parte da Xunta

O Goberno local das Neves vén de amosar o seu malestar polo uso, por parte da Xunta de Galicia, de herbicidas para tratar as beiravías das estradas autonómicas que pasan polo concello. Este malestar tamén foi trasladado polos veciños das parroquias nas que unha empresa contratada pola Administración galega está a empregar glifosato en lugar de rozar para acabar coa maleza.

A veciñanza das Neves aliviada no pago de impostos para reconstruir despois dos lumes

O Goberno local das Neves lembrou hoxe que as accións, aprobadas no seu día para facerlle fronte ás perdas ocasionadas polos lumes de outubro de 2017, seguen a beneficiar ás veciñas e veciños. Para facilitar que os afectados puidesen rehabilitar as súas propiedades, o Pleno do Concello, a proposta do Goberno local acordou, coma subliña o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, “unha redución do 95% no imposto de construcións”.

As estradas do Ravelo e Santa Marta, nas Neves, lucirán novo aspecto

As estradas provinciais que cruzan o barrio do Ravelo e chegan á igrexa de Santa Marta de Ribarteme, no concello da Neves, estrearán a súa nova imaxe en Semana Santa. Así o indicou hoxe o deputado de Mobilidade Uxío Benítez logo de realizar unha visita de supervisión ás dúas actuacións, que suman un investimento total de preto de 300.000 euros, acompañado do alcalde Xosé Manuel Rodríguez Méndez.

Suscribirse a este canal RSS