As Neves

'Señorío de Rubiós' conta xa con selo de garantía de Galicia Calidade

Os viños da adega 'Señorío de Rubiós' das Neves, contan xa con un selo de garantía de Galicia Calidade, logo de que a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, acompañada polo alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e polo xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, fixeran hoxe entrega á empresa do correspondente certificado de uso da marca de garantía Galicia Calidade, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A Plisan inicia a conta atrás cara a súa posta en marcha definitiva

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, xunto coa ministra de Fomento, Ana Pastor supervisou hoxe o inicio dos traballos de urbanización dos sistemas xerais da primeira fase na Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra-As Neves, acompañada polos alcaldes das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez e Salvaterra de Miño, Arturo Grandal Vaqueiro; os delegados territoriais da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e Pontevedra, José Manuel Cores Tourís e a delegada do Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa.

O alcalde de As Neves, na mobilización a prol dunha sanidade pública de calidade

O alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, foi o único rexedor do Condado-Paradanta que acudiu ao mediodía de hoxe a secundar a concentración do persoal da Sanidade Pública da Área de Vigo que convocou para hoxe 24 horas de paro xeral. Para Rodríguez “era obriga”, como alcalde das Neves, “pedir unha sanidade pública e de calidade considerando que o novo hospital é o de referencia dos nevenses”.

“Nas Neves hai un goberno que xestiona e non esconde a cabeza”

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Méndez (BNG) e o primeiro tenente de alcalde, Eduardo Mariño (PSOE), veñen de facer a valoración dos primeiros 100 días de actuación do novo goberno local de coalición. Ámbolos dous coincidiron á hora de sinalar que nas Neves “hai un goberno que xestiona e non esconde a cabeza ou trata de agochar os problemas”.

Suscribirse a este canal RSS