As Neves terá, novamente, un goberno BNG-PSOE aínda que máis equilibrado

A subida do PSdeG-PSOE nas Neves, pasando de dous a tres concelleiros a costa dos PP, que gaña as eleccións aínda que empatado en número de representantes co BNG, deixa aberto o goberno a unha nova edición do bipartito que gobernou durante estes últimos catro anos presidido por Xosé Manuel Rodríguez Méndez. En todo caso, a suba do PSOE, o único dos tres partidos que subiu a súa porcentaxe de votos respecto á edición anterior, debuxa un panorama máis equilibrado.