O PSdeG-PSOE de Salceda realiza xuntanzas cos diferentes colectivos da vila

O PSdeG-PSOE de Salceda de Caselas realizou durante toda a lexislatura e tal e como explica a súa portavoz municipal e candidata á alcaldía, Verónica Tourón, un plan de traballo "que consistiu en visitar as parroquias ano tras ano, levando a cabo xuntanzas para coñecer as inquedanzas da veciñanza e colectivos" e converterse, sinala a concelleira socialista "en voceiro de motidos deses colectivos" ante o que cualificou de "falta de comunicación" do goberno local.

Eva García insta á Xunta a retomar o plan de descontaminación do lindano

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, enviou unha carta dirixida a Angeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, solicitandolle crear unha comisión técnica entre Concello de Porriño e Xunta de Galicia para "retomar o plan de descontaminación do lindano". A carta tivo data de entrada na Consellería o pasado 28 de marzo e, segundo o Concello do Porriño, "ainda non houbo resposta".

O Xulgado autoriza o pago a provedores de Salceda de Caselas

O Xulgado Contencioso Administrativo Nº3 de Pontevedra ven de homologar o acordo transaccional acadado entre o Concello de Salceda de Caselas e a Asociación de Provedores, que vai permitir o pagamento dos 998.883,87€ bloqueado ata o de agora "polos grupos da oposición de Salceda (PP e PSOE)", asegura o Goberno local.

'Semana pola Memoria' da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño-Louriña

O pasado venres presentábase, no Círculo Recreativo Cultural do Porriño, a programación da 'II Semana pola Memoria', iniciativa organizada pola comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño-Louriña. Na presentación destas actividades, que se desenvolverán entre o 6 e o 14 de abril, estiveron presentes representanes dos distintos concellos implicados na programación destas xornadas.

Mos desenvolve un programa de rozado dos camiños municipais

O Concello de Mos vén de investir máis de 100.000 euros en limpar todas as cunetas e marxes dos camiños municipais nas 10 parroquias mosenses durante 3 meses. Os traballos iniciáronse o pasado luns e a empresa adxudicataria, especializada no servizo, atópase actuando actualmente nas parroquias de Dornelas e Tameiga. Este plan municipal de desbroce que se leva a cabo anualmente realízase mediante os medios mecánicos necesarios con carga en camión, con transporte de terra e material sobrante, e con operarios e medios auxiliares incluíndo sinalización.

A Policía Local de Porriño estrena novo vehículo de patrulla

Un VW Golf, coa súa preceptiva rotulación oficial como vehículo policial, incorporouse onte ao parque móvil da Policía Local de O Porriño. O novo vehículo vén a atender ás demandas da plantilla que se canalizaron a través dos sindicatos que viñan reivindicando a necesidade de renovar esa dotación. O Oficial Xefe da Policía trasladou a petición a Lourdes Moure, concelleira de Seguridade e acordouse a incorporación deste novo vehículo perante una operación de 'renting' coa firma Tialoc Investment.

Suscribirse a este canal RSS