Convenio entre o concello do Porriño e a Academia Galega de Seguridade

O alcalde de Porriño, Nelson Santos, e o Director Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta de Galicia, Luís Menor, formalizaron esta mañá coa súa firma, o convenio de colaboración en formación do Concello de Porriño coa Academia Galega de Seguridade, que permitirá desenvolver no noso municipio diferentes accións formativas dirixidas ao corpo de Policía Local de Porriño.

Movemento Salceda presenta a súa candidatura

Un Auditorio Municipal ateigado de público, acolleu onte o acto de presentación da candidatura coa que Movemento Salceda, a agrupación de electores que acolle ao actual alcalde de Salceda, Marcos Besada, e ao seu equipo de Goberno, concorre ás eleccións do vindeiro 24 de maio.

Movemento Salceda presenta hoxe a súa candidatura

Movemento Salceda, a Agrupación de Electores que acolle ao Alcalde de Salceda e ao seu equipo de goberno, da a coñecer a estas horas e nun acto público que ten lugar no Auditorio Municipal, a candidatura coa que concorre ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio.

Candidatura BNG-AA de Salceda, “plural e dinámica”

O Centro de Servizos Sociais “A Devesa”, acolleu o acto público de presentación da candidatura coa que concorre o BNG-Asembleas Abertas, no Concello de Salceda de Caselas, ás eleccións municipais de maio. Un equipo de persoas, aseguran os nacionalistas, “plural, dinámico e comprometido, para afrontar os retos que Salceda ten por diante: benestar social e calidade de vida”.

O Goberno de Salceda di que o PP "minte" sobre a débeda

As informacións difundidas polo PP en charlas informativas que están a dar polas parroquias de Salceda de Caselas, e nas que se asegura que a débeda do Concello é superior aos catro millóns de euros, foron cualificadas hoxe polo goberno local, que dirixe Marcos Besada, como de “un novo intento do PP de confundir á cidadanía” achegando, asegura o alcalde de Salceda, “cifras desvirtuadas e incompletas”.

O Porriño prepara a súa fin de semana máis ecolóxica

A Concellaría de Medio Ambiente do Concello do Porriño organiza, para esta fin de semana, a segunda edición da Feira Ecolóxica, unha cita ineludible de profesionais e usuarios concienciados co desenvolvemento sostible e o consumo responsable. A Feira constitúe “unha nova aposta do Concello de Porriño polo sector ambiental e a cultura ecolóxica”.

Suscribirse a este canal RSS