Festival benéfico de axuda ao desafiuzado

Porriño será escenario dun festival benéfico de axuda aos desafiuzados nunha iniciativa que pretende recadar fondos para as familias que están pasando por un dos momentos máis dramáticos das súas vidas, como é o de perder a súa casa.

"O Son do Pazo", o festival intercéltico de Mos

O Pazo de Mos acolleu a presentación do festival intercéltico “O Son do Pazo” que contou coa presenza de Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Sara Cebreiro, concelleira de Cultura de Mos; un representante da Deputación de Pontevedra; membros do Círculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos (entidade organizadora do Festival) e demais membros do equipo de goberno local.

Amplíanse as prazas do Campus Celta-Concello de Mos ao cubrirse as 60 ofertadas

O Concello de Mos e a Fundación Celta de Vigo asinaron un convenio para a realización do II Campus Fundación Celta de Vigo-Rubén Blanco. No acto de sinatura estaban presentes Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos; Alberto Méndez, tenente alcalde e concelleiro de Deportes de Mos; Germán Arteta Torres, director da Fundación Celta de Vigo; Rubén Blanco, porteiro mosense do Real Club Celta e Patricio Farrapeira, presidente do Club Louro-Tameiga (en cuxo campo se realizará o campus).

O CEP Altamira e a E.I. Xoaniña colaboran co Programa de Alimentos de Salceda

O CEP Altamira e a Escola Infantil Xoaniña veñen de facer sendas aportacións para o Programa de Alimentos de Salceda, resultado de iniciativas solidarias levadas a cabo en ambos centros educativos. No caso do CEP Altamira, os alumnos e alumnas organizaron un mercadiño de libros de segunda man coincidindo coas datas das Letras Galegas. O mercado recaudou un total de 248 €, que serán empregados en adquisición de productos para o Programa de Alimentos.

Suscribirse a este canal RSS