Alejandro Lorenzo presenta un equipo "comprometido e capaz para reconstruir O Porriño"

O candidato dos populares á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, presentou hoxe ás 27 persoas que o acompaña no equipo cara as vindeiras eleccións municipais. Arroupado polo presidente provincial, Alfonso Rueda, e polos simpatizantes e amigos que acudiron ao acto, Lorenzo presentou oficialmente ao seu equipo, un grupo comprometido coas súas parroquias e o seu pobo", mulleres e homes de todas as idades que traballarán arreo ao lado do que para eles é o mellor alcalde para O Porriño.

O Centro Cultural do Porriño acolle a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu hoxe a inauguración da exposición 'Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia' que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño. Walter Alvarez , director territorial de ABanca e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de AFundación, asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición ao Porriño.

Alejandro Lorenzo pecha tres mandatos en Chenlo para optar á Alcaldía do Porriño

O Centro Cultural de Chenlo acolleu onte o peche da lexislatura de Alejandro Lorenzo como alcalde pedáneo de Chenlo e a presentación do novo candidato popular á pedanía, Jacobo Alonso. Tras tres mandatos ao frente da ELM de Chenlo, Alejandro Lorenzo despediu esta etapa para encarar a súa candidatura á Alcaldía do Porriño dende onde, adiantou, seguirá a traballar por e para Chenlo e por e para O Porriño.

O BNG do Porriño adapta o seu programa electoral á lectura fácil

Este luns o BNG do Porriño reuniuse co grupo de autoxestores de ACEESCA para trasladarlle a adaptación á lectura fácil do seu programa electoral para as próximas eleccións municipais. “Seguimos dando pasos a prol da igualdade de dereitos para todas as veciñas e veciños, e o dereito de acceso á información debe ser universal", sinalou a formación nacionalista.

O Centro Dotacional de Torroso acolle o I Día do Xadrez Concello de Mos

Máis de 100 xogadores e xogadoras de todas as idades encheron de xadrez o Centro Dotacional de Torroso durante a edición inaugural do 'I Día do Xadrez Concello de Mos'. 43 escolares chegados de todas as parroquias de Mos participaron na V Liga Interescolar de Mos. Foi moita ilusión a vivida ao longo das 6 partidas, xa que para a gran maioría de nenos e nenas tratábase da súa primeira competición.

O PSOE de Salceda presentou o domingo "un equipo preparado para gobernar"

Os Socialistas de Salceda de Caselas, presentaron onte domingo a súa candidatura ás eleccións municipais do vindeiro día 26. Tras o éxito electoral nas eleccións xerais, o PSOE presentou ante a veciñanza de Salceda de Caselas a candidatura que Verónica Tourón definiu como “un equipo preparado para gobernar”. O acto foi presentado por Iván Vaqueiro, que foi tenente alcalde do Porriño durante dúas lexislaturas, e Ana Valiño militante do PSdeG-PSOE e destacada dirixente da UXT, ante un auditorio cheo e entregado.

Suscribirse a este canal RSS