salceda 2017

Salceda de Caselas

O Goberno de Salceda di que o PP "minte" sobre a débeda

As informacións difundidas polo PP en charlas informativas que están a dar polas parroquias de Salceda de Caselas, e nas que se asegura que a débeda do Concello é superior aos catro millóns de euros, foron cualificadas hoxe polo goberno local, que dirixe Marcos Besada, como de “un novo intento do PP de confundir á cidadanía” achegando, asegura o alcalde de Salceda, “cifras desvirtuadas e incompletas”.

Cinco grupos teatralizarán o roteiro "Os Nosos Pazos"

Un ano máis os Pazos énchense de contido e espectáculo. Cinco grupos de teatro van a ser os encargados de reproducir contextualizacións históricas de diferentes acontecementos, acompañados polo guía Marcos Gándara Costa que relatará a historia dos lugares acompañado pola interpretación teatral que correrá a cargo dos grupos de teatro de A Feira, Castro Barreiro, Osiris, Soutelo e Entenza, dirixidos por Laura Garrido Alvarez, como xa realizara na anterior edición.

Salceda acolle o II Festival Ibérico

A Casa da Cultura Castelao, acolleu o acto de presentación do II Festival Ibérico que se vai celebrar en Salceda de Caselas este sábado 18 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal, organizado pola Fundación Luso Galaica. No acto de presentación estivo presente o Presidente da Fundación Antonio Reguera, o Alcalde e a Concelleira de Cultura de Salceda, Marcos Besada e Teresa Pérez, así como representantes da Asociación de Comerciantes de Salceda e do Grupo de Baile de Castro Barreiro, anfitrión do evento.

A longa loita por unha sanidade digna

Case que sete anos son os anos que o Concello de Salceda de Caselas leva loitando por un novo centro de saúde que permita atender, aos veciños e veciñas, en condicións dignas e que, amais, solvente dunha vez por todas a precariedade do servizo de pediatría con tan só unha pediatra para 1.350 usuarios e usuarias de 0 a 14 anos.

As angulas chegan a Soutelo

A parroquia de Soutelo, en Salceda de Caselas, repite por terceiro ano consecutivo a Festa da Angula, unha iniciativa que partiu da Comisión de Festas de hai dous anos e á que a presente comisión das festas de San Liborio 2015 quere darlle continuidade. A cita gastronómica está marcada no calendario para este domingo, 12 de abril, a partires das 11 da mañá na área recreativa do Borralliño (Soutelo).

Salceda estrena Área de Autocaravanas

O Concello de Salceda de Caselas ven de poñer en marcha a nova área de autocaravanas recentemente construída nas inmediacións da Senda Fluvial do Río Landres “Francisco Estévez Martínez”. O acto de posta en funcionamento estivo coordinado pola Asociación Galega de Autocaravanas, que estivo representada por diferentes membros da mesma, e coa asistencia do seu presidente Paco Pena. No acto estiveron tamén presentes o Alcalde Marcos Besada e varios concelleiros/as da corporación.

Suscribirse a este canal RSS