salceda 2017

Salceda de Caselas

O PP de Salceda, cara a cara cos veciños

O candidato do PP á Alcaldía de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Dávila, mantivo onte un encontro coa veciñanza na Praza do Concello. No decurso da charla coloquio tamén participaron a presidenta do Parlamento Galego, Pilar Rojo, e o presidente provincial do do Partido Popular, Rafael Louzán.

O PP de Salceda “unha rectificación pública” da concelleira de Educación

O Partido Popular de Salceda de Caselas vén de facer pública unha nota, esta misma tarde, na que insta á concelleira de Educación, Teresa Pérez, que rectifique en público respecto dun comentario que os populares cualifican de “nada oportuno e fóra de lugar” exposto no seu perfil de Facebook. O presidente do PP local, Santiago Rodríguez Davila, acúsaa de “facer política no ensino, ao igual que fan os seus compañeiros de goberno en todos os sectores”.

Aberta en Salceda a exposición do Certame Fotográfico “Viaxando”

A Cada da Cultura de Salceda de Caselas acolle, ata o vindeiro 29 de maio, as fotografías que participaron no VII Certame Fotográfico “Viaxamos”. O certame está organizado, cada ano, polas diferentes OMIX de Salceda de Caselas, O Rosal, A Guarda, Tomiño, O Porriño, Gondomar, Baiona e Casa da Xuventude de Tui.

Suscribirse a este canal RSS