salceda 2017

Salceda de Caselas

O BNG seguirá traballando “na rúa por transformar Salceda”

O BNG-Asembleas Abertas de Salceda de Caselas valorou esta tarde os resultados acadados nesta pasada campaña electoral e agradeceu o apoio dos votantes, asegurando que non “defraudará as expectativas” das persoas que decidiron apoiar a súa candidatura e que “aínda que non teña representación no Concello, seguirá traballando na rúa por transformar Salceda”.

Movemento Salceda pon fin á campaña no parque Raíña Aragonta

Movemento Salceda celebra, nestes momentos, a súa festa de fin de campaña nun acto que ten lugar no Parque Raíña Aragonta e no que participou o seu cabeza de lista, Marcos Besada. Unha vez rematados os discursos, o grupo Batemento é o encargado de poñer o ambiente ao que é toda unha festa.

Museo do Entroido, o gran proxecto cultural do PP de Salceda

O Partido Popular de Salceda fará, do Museo do Entroido, o seu grande proxecto cultural “revolucionario e innovador”. Nesa instalación recolleríase todo o referente a esta ancestral tradición "que ten un enorme arraigo no municipio e que cada ano reúne a miles de persoas na vila", asegura o seu candidato á Alcaldía, Santiago Rodríguez Davila.

Movemento Salceda: “O PP minte sobre a realidade do novo centro de saúde”

Movemento Salceda acusou ao Partido Popular de “mentir descaradamente” para ocultar a realidade sobre o novo Centro de Saúde que, segundo Goberno Local, “non é outra que o SERGAS non incluíu esta infraestrutura nos orzamentos do 2015”. Fortunato Álvarez, concelleiro de Vías e Obras, lembrálle ao candidato popular “que na sesión plenaria do 12 de maio do 2011, aprobouse a cesión gratuíta ao SERGAS da parcela para a construción do novo centro de saúde”.

Suscribirse a este canal RSS