salceda 2017

A morte dun mozo en Salceda rompe a paz dun pobo seguro e tranquilo

Non é frecuente, senón máis ben inusual, ver o nome de Salceda de Caselas asociado aos capítulos de sucesos. A morte dun mozo acoitelado esta madrugada, é una tráxica noticia que rompe a paz dun pobo que, segundo os Informes da Mesa Local de Seguridade, é "seguro e tranquilo".

Ante sucesos tráxicos coma este, que acaban coa vida dun mozo de 24 anos que traballaba na propia vila, non hai distinción de credos nin ideoloxías e tan só cabe a repulsa unánime. Nesa liña, os grupos da Corporación Municipal de Salceda, –Movemento Salceda, Partido Popular e PSdeG-PSOE) emitiron na mañá de hoxe un comunicado conxunto que pasamos a reproducir literalmente:

"Un feito puntual e desgrazado.

Salceda é un concello seguro e tranquilo e así o reflicten os datos dos informes da Mesa Local de Seguridade, o último o que se presentou no ano 2018 pola Subdelegación do Goberno en Pontevedra.
Confiamos nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e demáis organismos competentes para que todo se esclareza canto antes.

Sentimos a perda deste mozo que facía a súa vida en Salceda, e trasladamos o noso pesar á familia e poñemonos á súa disposición para o que precisen".