salceda 2017

Os socialistas de Salceda convidan á veciñanza a coñecer o seu programa

Verónica Tourón, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Salceda de Caselas Verónica Tourón, candidata do PSdeG-PSOE á alcaldía de Salceda de Caselas

Os socialistas de Salceda, no marco da campaña electoral que comeza o próximo venres 10 de Maio as cero horas, realizarán mitins e accións en todas as parroquias e entidades importantes de poboación de Salceda. O obxectivo do PSdeG-PSOE da localidade é dar a coñecer o programa electoral realizado pola Agrupación local de cara a estas eleccións municipais e que ten por meta a consecución do goberno local.

As actividades para esta campaña electoral comezarán coa tradicional pegada de carteis que se realizara na praza do concello ás cero horas do dia 10 e que continuará durante a noite polos distintos lugares habilitados para tal uso. Comezarase o mesmo día 10 ás 21 horas no Centro Cultural de Budiño co primeiro mitin da campaña, adicándose a fin de semana ao reparto do programa electoral para que sexa coñecido por toda a veciñanza.

Parderrubias é o lugar elixido para o mitin do luns 13 de maio, continuando martes14 no bario da Feira e o mércores 15 no Barreiro.

A última semana de campaña a candidatura socialista realizará un mitin por día comezando en Soutelo o día 20 de maio, 21 de maio A Picoña e 22 de maio en Entenza. Tras estes tres mitins en parroquias o xoves 23 de Maio realizarase o mitin central no auditorio municipal de Salceda.

O acto de peche da campaña socialista terá lugar no Centro Cultural de San Xurxo o Venres 24 maio.

A candidata e o resto da candidatura convidan a veciñanza a participar e coñecer as propostas socialistas. “Un programa forte que ten como eixo fundamental o emprego e os servizos que necesita Salceda”, afirma Verónica Tourón.