salceda 2017

O PP de Salceda presenta un equipo "comprometido que une mocidade e experiencia"

O PP de Salceda de Caselas fixo público o equipo que conformará a súa candidatura nestas vindeiras eleccións municipais do mes de maio. A candidatura estará encabezada polo actual portavoz popular no Concello de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, que asegura que presenta unha lista que combina “mocidade e experiencia” e composta por persoas formadas e “comprometidas co seu pobo”.

Ademais, “entre as 23 persoas que a conforman hai representantes de todas as parroquias" e que, afirma Davila, "traballará para o centro urbano coa mesma intensidade que para as parroquias e quen mellor que os seus veciños para buscar solucións as súas necesidades”.

A xuízo do seu candidato “é hora da Salceda con ilusión”, polo que a súa lista busca dar voz aos sectores da poboación "a través de veciños de Salceda de diferentes idades e situacións persoais", así “gobernaremos para todos porque teremos moi presentes as demandas das familias, dos mozos, dos nosos maiores e tamén dos diferentes sectores económicos e sociais que forman parte do día a día do noso pobo, en definitiva dos veciños de Salceda”.

Neste sentido, agradeceu a “xenerosidade” de todas as persoas que lle acompañaron ao longo dos últimos catro anos, tanto formando parte da corporación local como tamén no comité local, por “confiar no meu proxecto e por manterse ao meu lado todo este tempo”.

Rodríguez Davila tamén recoñeceu a quen se integra por primeira vez na súa candidatura, son nove, o que significa unha renovación do 40%, deles, dentro dos dez primeiros postos van tres, e á súa vez, cinco persoas da candidatura van por vez primeira nos dez primeiros postos. Aínda que para o candidato popular “todos, independentemente do posto no que vaian, son igualmente importantes porque o que importa é o equipo e non o número, só así conseguiremos ser eficientes para os cidadáns”.