salceda 2017

Finaliza, sen feridos, un incendio no inerior do colexio da Picoña en Salceda

As Garda Civil e a Policía Local investigan o orixe dun incendio que, nesta mañanaciña, tivo lugar no colexio da Picoña e que afectou a un cuarto situado na aula de infantil. As forzas e corpos de seguridade do Estado atoparon incidios que apuntan a que o lume podería ter sido provocado.

Afortunadamente todo quedou nun susto, xa dadas ás horas ás que tivo lugar o suceso –pasadas as 12 da noite– engadido ao feito de que é período vacacional–, o centro escolar estaba baleiro.

Foron os propios axentes da Policía Local os que deron o aviso a través dunha chamada ao 112 Galicia que, decontado, deu aviso aos Bombeiros de Ponteareas e O Porriño que procederon a sufocar as chamas que alcanzaron a aula de infantil. A rápida actuación dos efectivos de extinción, impediu a propagación das lapas e que os lume puidera afectar ao resto do inmoble.